ACTIVIDADE INTERNA DO P.P. LOCAL

O Partido Popular de Vilagarcía conta cun movemento de traballo moi importante, para que a súa realización sexa o máis efectiva posible, as tarefas están repartidas en catro secretarias encargadas do estudio e posta en marcha das distintas actividades asignadas:

Organización:
Encargada da organización dos distintos actos do noso partido, o seu traballo está ligado a actualidade de cada momento, congresos, asembleas, eleccións, etc. No seu cometido tamén se encarga da actividade diaria da sede.

Comunicación:
É a encargada de realizar as tarefas de seguimento da vida política da nosa cidade, elaboración da hemeroteca de prensa, análises de resultados electorais e propostas do Partido así como da comunicación cos nosos afiliados e colaboradores.

Política Local:
Seu traballo precisa dunha dedicación case que diaria, é a encargada da preparación, elaboración e axuda ó Grupo Municipal na súa actividade actuando como equipo asesor na preparación dos temas que se levan e posteriormente se debaten nos plenos do noso concello.

Acción Sectorial e Participación cidadá:
É a encargada de manter un contacto continuo cos nosos afiliados, colaboradores e responsables parroquiais, así como da organización de reunións coas asociacións de veciños, culturais, de mulleres, etc. nas que se tratan os temas que máis preocupan os veciños de cada parroquia ou lugar. Por outra banda é a encargada da comunicación o través da páxina web.

Formación:
É a encargada de dotar ao Partido das ferramentas necesarias para a formación dos nosos afiliados, que se concretan en la organización de conferencias, charlas, cursos de formación, especialmente no eido da formación política. E tamén a responsable do boletín “Actualidade Política” que mensualmente envíase aos afiliados para mantelos o día das novas políticas de ámbito local, autonómico e nacional, e da “Revista Popular” que de maneira trimestral distribúese entre toda a cidadanía.

© Partido Popular de Vilagarcía 2007 - Aviso Legal | Mapa Web | Contacto