NOVAS

07/08/2009 - -

O PP LAMENTA QUE O PSOE NON SEXA QUEN DE DISIMULAR O SEU TALANTE TOTALITARIO CADA VEZ QUE OS CIDADÁNS OPINAN SOBRE TEMAS QUE LLES AFECTAN

Tomás Fole salienta que, “por moito que lles irrite”, o resultado da enquisa feita polos populares sobre a humanización de varias rúas do centro “demostra un aplastante rexeitamento” ao proxecto

Ampliar Información »

01/07/2009 - -

O COMITÉ EXECUTIVO DO PP DE VILAGARCÍA ACORDA CONSOLIDAR O TRABALLO DESENVOLVIDO POLA DIRECCIÓN DO PARTIDO E INICIAR A PREPARACIÓN DAS MUNICIPAIS

Aplaudiu unanimemente a permanencia do seu presidente, Tomás Fole, á fronte do Grupo Municipal, unha vez aceptada a súa decisión de renunciar á Presidencia da Autoridade Portuaria

Ampliar Información »

29/05/2009 - -

ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO PROTAGONIZARÁ O DOMINGO O MITIN DO PARTIDO POPULAR EN VILAGARCÍA NA CAMPAÑA PARA AS ELECCIÓNS EUROPEAS

Na Praza da Peixería, a partir das 19,00 horas, intervirán tamén a vicesecretaria xeral do PPdeG, Marta Rodríguez Arias, o presidente do PP de Pontevedra, Rafael Louzán, e o presidente local, Tomás Fole

Ampliar Información »

16/05/2009 - -

O COMITÉ EXECUTIVO DO PP DE VILAGARCÍA VALOROU MOI POSITIVAMENTE O PESO ACADADO POR ESTA FORMACIÓN NA POLÍTICA GALEGA E NACIONAL

Celebrou onte unha xuntanza para analizar a nova situación tra-las posicións acadadas por Marta Rodríguez Arias, Juan Maneiro e Jesús Pérez Arca

Ampliar Información »

13/04/2009 - -

MARTA RODRÍGUEZ ARIAS PRESIDIRÁ A COMISIÓN DE PESCA E MARISQUEO NO PARLAMENTO DE GALICIA

O PPdeG valorou o traballo na anterior lexislatura da deputada e concelleira, que formará tamén parte da Deputación Permanente

Ampliar Información »

07/04/2009 - -

O PP DE VILAGARCÍA ELIXIRÁ O VINDEIRO DÍA 16 AOS 20 COMPROMISARIOS QUE LLE CORRESPONDEN PARA O XIV CONGRESO REXIONAL DO PARTIDO

Tomás Fole e Marta Rodríguez Arias participarán como compromisarios natos, e para o resto da representación poderá presentarse como candidato calquera militante que o solicite

Ampliar Información »

06/04/2009 - -

DEPUTADAS DO PP COINCIDEN COS EMPRESARIOS DE AROUSA NA NECESIDADE DE ARTELLAR MEDIDAS QUE INCENTIVEN REALMENTE A ECONOMÍA E XEREN EMPREGO

As representantes no Congreso Ana Pastor e Nava Castro e no Parlamento galego, Marta Rodríguez, xunto co presidente do partido en Vilagarcía, Tomás Fole, reuníronse coa directiva de FECA

Ampliar Información »

13/03/2009 - -

A NOVA OBRA DAS ROTONDAS DO POUSADOIRO CONFIRMA A POLÍTICA CHAPUCEIRA E DE DESPILFARRO QUE SE EXERCE EN VILAGARCÍA

Tomás Fole cualifica de “indignante” que aínda non se aclare se a reforma iniciada estes días é definitiva o volve ser provisional

Ampliar Información »

24/02/2009 - -

O GOBERNO DO PARTIDO POPULAR POTENCIARÁ O TREN DE CERCANÍAS ENTRE VILAGARCÍA E SANTIAGO

Marta Rodríguez Arias salienta que a aposta decidida por solucionar os problemas de mobilidade interior en Galicia demostra que o seu partido “ten un verdadeiro proxecto de avance e progreso”

Ampliar Información »

19/02/2009 - -

O TURISMO PASARÁ A SER UN ELEMENTO FUNDAMENTAL DE DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO E SOCIAL NO SALNÉS CO GOBERNO DO PARTIDO POPULAR NA XUNTA

Marta Rodríguez Arias salienta a aposta de Núñez Feijóo por aproveitar o potencial deste sector nos ámbitos do mar e a enoloxía

Ampliar Información »

17/02/2009 - -

O GOBERNO DO PARTIDO POPULAR AMPLIARÁ E MELLORARÁ OS XULGADOS DE VILAGARCÍA E CAMBADOS

Marta Rodríguez lamenta que a situación de colapso na Administración de Xustiza teña chegado ao extremo de “vivir por primeira vez na Historia unha folga de xuíces”

Ampliar Información »

16/02/2009 - -

MARTA RODRÍGUEZ ARIAS CONFIRMA QUE O GOBERNO DO PP DEROGARÁ OS ASPECTOS DA LEI DE PESCA QUE NON CONTARON CO CONSENSO DO SECTOR

A crise e a conflictividade promovida polo bipartito no eido do mar centraron a reunión mantida onte pola candidata en Vilaxoán

Ampliar Información »

15/02/2009 - -

O PP CONSTRUIRÁ NOVOS CENTROS DE SAÚDE E AUMENTARÁ OS PROFESIONAIS E OS MEDIOS PARA GARANTIR UNHA ATENCIÓN SANITARIA AXEITADA AOS CIDADÁNS DO SALNÉS

Marta Rodríguez Arias sinala que o Goberno de Núñez Feijóo ofrece “a capacidade de xestión necesaria para recuperar o tempo perdido na comarca polos incumprimentos dos socialistas”

Ampliar Información »

12/02/2009 - -

O PARTIDO POPULAR COMPROMÉTESE A REFLOTAR O SECTOR PESQUEIRO E MARISQUEIRO E A DEVOLVERLLES ÁS CONFRARÍAS O PAPEL DE INTERLOCUCIÓN E ORGANIZACIÓN QUE

Marta Rodríguez Arias mantivo unha xuntanza coa Confraría de Vilaxoán e coa Asociación Virxe do Rosario

Ampliar Información »

10/02/2009 - -

O PSOE DE VILAGARCÍA DEBERA LEMBRARSE DE ENRIQUE LEÓN ANTES DE PEDIR EXPLICACIÓNS AO PP SOBRE ALGUÉN QUE NON PERTENCE A ESTE PARTIDO

É unha burla que os socialistas que converteron en alcalde a un candidato inelixible e que traen como gran gancho electoral ao presidente do goberno máis corrupto da historia recente de España pretendan dar leccións de ética política

Ampliar Información »

09/02/2009 - -

O PP PERCIBE UN ALTO NIVEL DE DECEPCIÓN DOS VILAGARCIÁNS ANTE A XESTIÓN DO BIPARTITO AUTONÓMICO

Marta Rodríguez Arias está a manter reunións diarias cos veciños das distintas parroquias do concello, dentro do traballo de escoitar aos cidadáns que caracterizou sempre o seu traballo como deputada

Ampliar Información »

07/02/2009 - -

MARTA RODRÍGUEZ DEFINE A XESTIÓN DO BIPARTITO AUTONÓMICO COMO CATRO ANOS DE “ENGANO E MENTIRA”

Ana Pastor e Alfonso Rueda salientan o traballo no Parlamento da candidata de Vilagarcía, “unha representación desta comarca que xa quixeran outros”

Ampliar Información »

04/02/2009 - -

FOLE LÉMBRALLE A FERNANDO RAMOS QUE EXCLUSIÓN SOCIAL “SON OS MÁIS DE TRES MILLÓNS DE PARADOS QUE ESTÁN A PROVOCAR OS PARTIDOS `PROGRESISTAS´ QUE GOBER

“Cando se creaba emprego, os adalides da esquerda proletaria saían á rúa a berrar e agora que se destrúe só aparecen para criticar a quen acode aos chamamentos desesperados dos que sofren a política desastrosa do PSOE e o silenzo dos seus cómplices”

Ampliar Información »

03/02/2009 - -

A CONCIENCIACIÓN SOCIAL DOS PARTIDOS ESTÁ CLARA: O PP OFRECE A SÚA COLABORACIÓN AOS MÁIS NECESITADOS; O PSOE GASTA SEIS MILLÓNS DE EUROS EN DECORAR SA

Fole lamenta que Vilagarcía teña un partido socialista “tan rastreiro como para insultar á nosa formación por ser a única que acudiu ao chamamento de Cáritas e doutras asociacións”

Ampliar Información »

19/12/2008 - -

O BIPARTITO AUTONÓMICO REXEITA INCLUÍR NOS ORZAMENTOS DE 2009 A CONSTRUCIÓN DUN NOVO CENTRO DE SAÚDE EN VILAGARCÍA E A AMPLIACIÓN DA RESIDENCIA DIVINA

Votou en contra a todas as emendas presentadas polo PP sobre investimentos para Vilagarcía, que contemplaban tamén a axilizacion da ampliación do Hospital comarcal

Ampliar Información »

25/11/2008 - -

CÁMARA DE COMERCIO E PARTIDO POPULAR COINCIDEN NA NECESIDADE DE QUE OS COLECTIVOS SOCIOECONÓMICOS DE VILAGARCÍA CONSENSÚEN PROPOSTAS SOBRE OS GRANDES

Tomás Fole mantivo unha xuntanza coa directiva do organismo, dentro dos contactos que a súa formanción está a manter para pulsar a realidade actual e as perspectivas da capital arousá

Ampliar Información »

21/11/2008 - -

O PP DEFENDE A CREACIÓN DUN NOVO XULGADO EN VILAGARCÍA E QUE OS ASUNTOS DE VIOLENCIA DE XÉNERO SE ATENDAN NESTE PARTIDO XUDICIAL

Xesús Palmou avogou tamén pola dotación de medios humanos e materiais para pór fin ao colapso da Administración de Xustiza, que na capital arousá acumulou más de 1.200 casos pendentes en 2007

Ampliar Información »

14/11/2008 - -

OS COMERCIANTES CONSIDERAN QUE O ESTUDO SOBRE O SECTOR PROPOSTO POLO PARTIDO POPULAR E QUE FOI REXEITADO POLO BIPARTITO LOCAL SERÍA DE GRAN UTILIDADE

Tomás Fole mantivo onte unha xuntanza coa directiva de Zona Aberta na que brindou a colaboración da súa formación para coordinar encontros entre distintos sectores de cara a impulsar proxectos

Ampliar Información »

07/11/2008 - -

O PARTIDO POPULAR DE VILAGARCÍA LEVARÁ AO CONCELLO AS RECLAMACIÓNS DOS VECIÑOS DE TRABANCA SARDIÑEIRA

Nunha xuntanza coa asociación “Santiago de Afora”, Tomás Fole comprometeuse a apoiar a recuperación da fonte da Fontiña, a habilitación dun acceso ao cemiterio de Carril e a instalación dunha fonte xunto á capela dos Anxos

Ampliar Información »

05/11/2008 - -

PARTIDO POPULAR E HOSTELEIROS LOCAIS COINCIDEN NA NECESIDADE DE IMPULSAR PROXECTOS AMBICIOSOS PARA RELANZAR VILAGARCÍA

Tomás Fole mantivo onte unha xuntanza coa directiva da Asociación de Hosteleiros e Iniciativas Turísticias

Ampliar Información »

31/10/2008 - -

O BIPARTITO GALEGO CASTIGA AO SALNÉS REBAIXANDO EN MÁIS DE 7 MILLÓNS DE EUROS OS INVESTIMENTOS QUE NOS ORZAMENTOS DE 2008 PREVÍA PARA O VINDEIRO ANO

As deputadas Marta Rodríguez e Rosa Oubiña presentarán emendas aos Presupostos de 2009 destinadas a acelerar a ampliación do Hospital, á construción de novos centros de saúde e a proxectos de saneamento, entre outras iniciativas para a comarca

Ampliar Información »

15/10/2008 - -

O PP PREGUNTARÁ Á XUNTA CÁL É O IMPORTE TOTAL DO INVESTIMENTO DESTINADO A CONSTRUÍR E DESMONTAR DESPOIS AS ROTONDAS DO ALTO DO POUSADOIRO

Nunha visita ás obras de desmantelamento das glorietas, Tomás Fole e Marta Rodríguez salientaron que éstas reflicten claramente “a política da chapuza e o despilfarro propia do bipartito da Xunta”

Ampliar Información »

13/10/2008 - -

NÚÑEZ FEIJÓO COMPARTIU CON MÁIS DE 400 MILITANTES E SIMPATIZANTES A I FESTA POPULAR DE VILAGARCÍA

Milagros Iglesias (Milos), Manuel Mollinedo e Benito Veloso foron homenaxeados polo seu labor a prol do partido e de Vilagarcía

Ampliar Información »

11/10/2008 - -

O PARTIDO POPULAR CONSIDERA UNHA MALA NOTICIA A AUTOCOMPLACENCIA DA DIRECTORA XERAL DE COMERCIO E DO GOBERNO LOCAL ANTE O DECLIVE DE FEXDEGA

Pérez Arca contrasta o esforzo realizado polos expositores na Multisectorial, “coa falta de interese dos bipartitos de Vilagarcía e de Galicia por unha boa planificación feiral e de promoción económica”

Ampliar Información »

10/10/2008 - -

O BIPARTITO GALEGO REXEITA ARTELLAR MEDIDAS QUE SOLUCIONEN OS PROBLEMAS DA ATENCIÓN SANITARIA NOS CENTROS DE SAÚDE DO SALNÉS E AMPLIAR O DE VILAGARCÍA

PSOE e BNG votaron en contra a unha Proposta de Resolución do Partido Popular que plantexaba un conxunto de iniciativas para o avance da comarca, no marco do Debate sobre o estado da Autonomía

Ampliar Información »

03/10/2008 - -

Domingo 12 de outubro. I Festa Popular de Vilagarcía

Coa asistencia entre outros destacados dirixentes do Partido Popular de Alberto Núñez (presidente rexional), Alfonso Rueda (secretario xeral) e Rafael Louzán (presidente provincial).

Ampliar Información »

20/09/2008 - -

O PP AVOGA POR UN SERVIZO FERROVIARIO DE PROXIMIDADE QUE APROVEITE A ACTUAL LIÑA ENTRE VILAGARCÍA E SANTIAGO E AS SÚAS ESTACIÓNS INTERMEDIAS

Os portavoces do PP na capital arousá, Tomás Fole, e en Catoira, Marcos Coira, consideran que o Goberno local vilagarcián debe unirse á defensa das cercanías impulsada polos concellos veciños

Ampliar Información »

18/09/2008 - -

O PARTIDO POPULAR APOIA AS REIVINDICACIÓNS DOS AFECTADOS POLO POLÍGONO INDUSTRIAL DE TREMOEDO

Tomás Fole e membros do seu equipo mantiveron onte unha xuntanza cos representantes veciñais de Solobeira, na que a deputada Marta Rodríguez comprometeuse a plantexar o asunto no Parlamento galego

Ampliar Información »

08/09/2008 - -

O PARTIDO POPULAR EXPORÁ O XOVES EN VILAGARCÍA A SÚA ALTERNATIVA FRONTE AOS INCUMPRIMENTOS DO BIPARTITO NA XUNTA, DENTRO DA CAMPAÑA “GALICIA EN VOZ AL

Alberto Núñez acudirá á carpa que se instalará fronte ao Auditorio, destinada a recoller as achegas e suxestións dos cidadáns para lograr un “Cambio a mellor”, e manterá un encontro con representantes sociais

Ampliar Información »

27/08/2008 - -

O PARTIDO POPULAR FELICITA AOS VILAGARCIÁNS POLA ESPONTÁNEA HOMENAXE DEDICADA A ANTÓN PAZ

Tomás Fole salienta o calor e agarimo con que se recibiu ao regatista malia que a organización do acto por parte do Concello “non foi precisamente a mellor das posibles”

Ampliar Información »

21/08/2008 - -

O PP FELICITA A ANTÓN PAZ POLO SEU OURO EN PEKÍN, O PRIMEIRO TRUNFO OLÍMPICO DO DEPORTE VILAGARCIÁN

Tomás Fole lamenta que o Goberno local caese novamente na improvisación e non organizara co tempo necesario o seguemento popular da carreira do regatista

Ampliar Información »

14/08/2008 - -

TOMÁS FOLE VISITOU COS MEMBROS DAS COMUNIDADES DE AUGA AS OBRAS DE CAPTACIÓN REALIZADAS EN BAMIO

Acompañado polo concelleiro Juan Maneiro e por invitación dos comuneiros de Santa Catalina e de San Xoán, comprobou tamén as novas necesidades e comprometeu o seu total apoio á parroquia

Ampliar Información »

05/08/2008 - -

O PARTIDO POPULAR PIDE INFORMACIÓN DETALLADA Á XUNTA DE GALICIA SOBRE A ATENCIÓN AOS DEPENDENTES EN VILAGARCÍA E COMARCA

A deputada e concelleira Marta Rodríguez presentou no Parlamento unha pregunta sobre cántos afectados foron xa valorados e cántos perciben as prestacións e servizos recoñecidos pola Lei de Dependencia

Ampliar Información »

26/07/2008 - -

A ACTIVIDADE POLÍTICA DO PRIMEIRO ANO DE MANDATO MUNICIPAL CONFIRMA AO PP COMO O PARTIDO MÁIS ACTIVO E PREOCUPADO POLO AVANCE DE VILAGARCÍA

Plantexou máis de 70 iniciativas no Concello e no Parlamento e realizou numerosas actividades de contacto cos veciños e cos seus problemas, fronte a unha actividade moito menos intensa por parte dos outros grupos

Ampliar Información »

22/07/2008 - -

O PARTIDO POPULAR DE VILAGARCÍA EXPRESA O SEU PESAR POLO FALECEMENTO DE MILAGROS IGLESIAS CURRÁS

Membro do Comité Executivo Local do PP, foi concelleira entre os anos 2006 e 2007

Ampliar Información »

21/07/2008 - -

FAJARDO REAFIRMA COAS SÚAS DECLARACIÓNS A NULA UTILIDADE DO SEU PARTIDO EN VILAGARCÍA

Fole lémbralle que o PP foi o primeiro en criticar a ilegalidade sentenciada polo Xulgado en relación cos contratos dos auxiliares de policía; “outra cousa é que él non sexa capaz de entender as nosas declaracións”

Ampliar Información »

04/06/2008 - -

O BOICOT DA XUNTA A ACUI DEMOSTRA O VERDADEIRO APOIO DO GOBERNO GALEGO A VILAGARCIA

Fole cualifica de  “falta de respecto” que mentres se inauguraba a feira sen presenza do seu Executivo, Touriño “contraprograme cunha visita para vender obras que foron impulsadas polo PP”

Ampliar Información »

31/03/2008 - -

ESQUERDA UNIDA NON ACHEGOU NINGUNHA SOLUCIÓN AO CONFLICTO DO GRUMIR MÁIS QUE CRITICAR O ACORDO QUE SEN EMBARGO SUBSCRIBIU

Tomás Fole lembra que a formación de Juan Fajardo “non dou nin un paso” cando se coñeceu a supresión do servizo “e calou tamén na Xunta de Portavoces e na redacción do texto promovida polo PP”

Ampliar Información »

© Partido Popular de Vilagarcía 2007 - Aviso Legal | Mapa Web | Contacto